Un grupo de nenos e nenas de Lourenzá participaron esta semana do 26 ao 28 de decembro nos obradoiros de nadal que organizou a Concellería de Educación, Cultura e Turismo para eles. Os rapaces fan abelorios, realizan coreografías e playbacks, e participan en xogos de mesa e de interior nas dependencias da Casa da Xuventude en horario de mañá e de tarde. Os obradoiros seguirán os días 2, 3 e 4 de xaneiro para entreter aos máis pequenos da casa durante estas festas de nadal.