Lourenzá, 15 de xaneiro de 2014. Oito nenos e nenas resultaron premiados no certame de poesía da Nadal organizado pola biblioteca pública municipal “Juana de Ibarbourou”, de Lourenzá. Un dos galardóns quedou deserto.
Os gañadores foron dados a coñecer pola concelleira de Cultura, Lupe Flórez, como presidenta do xurado, quen explicou que “os traballos clasificados nesta fase local tomarán parte na convocatoria provincial do certame e dende a Concellería de Cultura felicitámolos e desexámoslles sorte nesta nova fase”.
Lupe Flórez tamén explicou que a data para a entrega de diplomas e agasallos aos agraciados está pendente de confirmar, pero a previsión é que se celebre nos vindeiros días, antes de que remate este mes.
GAÑADORES CERTAME DE POESÍA DE NADAL 2012
Categoría A (ata 8 anos)
1º premio - Safae Tazagart
2º premio - Jerom Moirón Trigo
3º premio - Raúl Santón Iglesias
Categoría B (de 9 a 11 anos)
1º premio - Antía Lillo Irimia
2º premio - Javier Álvarez Méndez
3º premio - Iria Pardo Pendás
Categoría A (ata 8 anos)
1º premio - lyass Khaled
2º premio - Zohra Itrih
3º premio - O terceiro premio desta Categoría queda deserto, ao non presentarse máis que os dous traballos seleccionados