Lourenzá, 30 de setembro de 2013. A celebración da Festa da Faba e dos festexos de San Marcial orixinará modificacións no tráfico de vehículos en Vilanova de Lourenzá entre as que destacan o peche de oito rúas. Eses cambios foron anunciados pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando.
A rúa Paseo de Oya xa estará cortada dende mañá, martes, día 1 de outubro, ás 13 horas e a Praza César Chavaría permanecerá pechada dende as 15 horas do mércores, 2 de outubro.
As rúas Muíño do Frade, Secretario Luis Iglesias, Travesía da Mariña, Avenida de Mondoñedo, Avelino Montero Villegas e Praza Linares Rivas quedarán pechadas dende o venres, 4 de outubro, ás 11 da mañá, ata primeiras horas da mañá do luns, 7 de outubro.
Tamén quedará prohibido aparcar a ambos lados da Rúa Casas Novoa ao longo do sábado e o domingo.
Ademais a parada de autobuses trasladarase durante a fin de semana á Glorieta Xulia Minguillón.