Lourenzá, 22 de abril de 2013. Os alumnos do obradoiro de emprego remataron a obra no peche do campo de fútbol de Lourenzá e arranxarán un muro de pedra en Santo Tomé.
O concelleiro de Obras, Dino Vidal, explicou que “finalizouse a obra no peche do campo de fútbol, que estaba pendente de rematar, traballos dos que se encargaron os operarios do obradoiro de emprego que temos en Lourenzá compartido cos municipios de Barreiros e Mondoñedo”.
Dino Vidal tamén anunciou que agora os alumnos do obradoiro de emprego “pasarán a traballar na última actuación que lles queda pendente no municipio de Lourenzá, que é o arranxo dun muro de pedra en Santo Tomé”.