Lourenzá, 16 de febreiro de 2015. Os alumnos e alumnas do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Lourenzá celebraron o Entroido o pasado venres acompañados por familiares e as educadoras do centro.
Disfrazados de doces cupcakes fixeron un desfile dende as instalacións do PAI ata a praza do Conde Santo e despois participaron nunha merenda de Entroido.