OS ALUMNOS DO TALLER DE MEMORIA PARTICIPARON NUNHA FESTA DE NADAL, NA QUE HOUBO REGALOS, CHOCOLATADA E PANXOLIÑAS

Lourenzá, 19 de decembro de 2013. Os alumnos do taller de memoria do Concello de Lourenzá participaron nunha festa de Nadal, na que houbo regalos, chocolatada e panxoliñas.

No festexo os asistentes repartiron regalos entre eles co sistema do amigo invisible, tomaron chocolatada con roscón, brindaron cunha copa de sidra e cantaron panxoliñas.

Nos actos participaron a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e a concelleira de Educación, Cultura e Turismo, Lupe Flórez Seivane.

A rexedora municipal comentou que “un ano máis foi un pracer poder pasar unha tarde cos maiores do taller de memoria, que coa súa boa harmonía e complicidade fixeron que o tempo voara e soubera a pouco”. Tamén salientou que “foi unha tarde moi emotiva, posto que todos os que asistimos participamos con agasallos no amigo invisible e os paquetiños tiñan dedicatorias que fixeron inclusive saltar algunha bágoa."