RESULTADOS
Infantil Feminino:
Fenomenal actuación de Ainara Rguez e Ana Vallines que lograron estar entre as 4 primeiras ata o desenlace da proba. Ainara, Bronce con un tempo de 9:22 a 7 segundos da cabeza; e Ana 4ª de Galicia a 9 segundos das primeiras.
Ademáis, o EQUIPO ALEVÍN MASCULINO deparou a sorpresa da xornada ó convertirse en SUBCAMPIÓN GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS coa gran clasificación dos seus compoñentes:
Hugo Villalba - 5º - 9:22
Nicolás Álvarez - 11 - 9:34
Ayoub Khaled - 34 - 10:23
Manu Rguez. - 36 - 10:25
Samuel Debasa - 50 - 11:36
Fernando Vallines - 54 - 12:35
E para rematar brillante tamén a clasificación entre as 20 primeiras das dúas alevíns femininas do grupo: Hiba Bouyzar remataba 13ª con un tempo de 7:16 mentres a súa compañeira Carme Alonso alcanzaba a posición 17ª con un tempo de 7:26.
II XORNADA CONTROL DE MARCAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL
O pasado domingo día 22 tivo lugar en Lugo un control de probas onde acudiron os atletas cadetes e xuvenís das escolas, sobre todo os cadetes buscando marca para o Cto. Galego de Pista Cuberta Cadete que terá lugar o vindeiro sábado 28 en Riazor (A Coruña).
Conseguían marca para o galego Xana Rguez en 60 vallas(11,48) e Arabela Martínez (9,56 en 60 lisos). Competían ademáis os xuvenís Carmen López Diniz sendo 5ª en lonxitude (4,01) e 5ª en 200 lisos (31,71) así como Eugenio Pérez (3ª serie en 60 con 8,31) e o cadete Luís López en Lonxitude (6º con 3,92).
Accederán ó Cto. Galego Cadete con marca rexistrada: Xana Rguez. en 50 vallas e 50 lisos. Arabela Martínez en 50 lisos. Lidia Barreira en Triple salto e salto de altura. Nerea Bajatierra en lanzamento de peso.