OS NENOS E EDUCADORES DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE LOURENZÁ CELEBRARON A FESTA DE FIN DE CURSO CUNHA TARDE DE XOGOS E MERENDA NO RECINTO FEIRAL

Lourenzá, 3 de agosto de 2015. O Punto de Atención á Infancia (PAI) Meniños, de Lourenzá, festexou o pasado venres a festa de fin de curso cunha tarde de xogos e merenda na que participaron os nenos e nenas do centro, así como as familias e as educadoras. Aínda que o lugar previsto para a festa era a área recreativa da Cazolga, o mal tempo non o permitiu e o acto tivo que trasladarse ao recinto feiral de Lourenzá.

Cada un dos 10 nenos e nenas que remataron este ano o seu último curso no centro recibiu unha orla de recordo do seu paso polo PAI Meniños. Todos puideron gozar do xogo nas colchonetas inchables e compartir coas familias unha merenda para celebran a fin de curso e o inicio das vacacións. Ademais, o persoal do centro aproveitou a ocasión para agradecer ás familias a súa colaboración e axuda ao longo do curso. Á celebración tamén se achegou a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, que saudou aos nenos e ás súas familias neste inicio de vacacións.

OS NENOS E EDUCADORES DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE LOURENZÁ CELEBRARON A FESTA DE FIN DE CURSO CUNHA TARDE DE XOGOS E MERENDA NO RECINTO FEIRAL