Os premiados no certame de poesía de Nadal da biblioteca municipal de Lourenzá recibiron os seus agasallos, que consistiron en diplomas e material didáctico e foron entregados pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.
Os premiados son:
Na categoría B: Samir Tazaghart, de 9 anos; Marcos Rodríguez Lindín, de 9 anos; e Noemí Huertas Fornos, de 10 anos.
Na categoría C: Claudia Carril Cabaleiro, 12 anos.
As poesías seleccionadas participan na fase provincial deste certame.