OS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS TRAMITAN AS SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO. O PRAZO PARA PRESENTALAS REMATA O 5 DE XUÑO

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá tramita as solicitudes para participar no programa de turismo do Imserso para a tempada 2015/16. O prazo para presentalas remata o día 5 de xuño deste ano.

Os requisitos para poder participar son: “persoas maiores de 65 anos, pensionistas maiores de 60 anos ou pensionistas de viuvez e ter 55 anos; ser titular ou beneficiario do sistema de Seguridade Social con 65 anos cumpridos”.

O servizos que se ofrecen son: “viaxe de ida e volta dende a capital da provincia ao hotel de destino e regreso, excepto na modalidade sen transporte; aloxamento en pensión completa nos hoteis seleccionados polo Imserso; póliza de seguro colectiva; servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel; e programa de animación”.

As solicitudes poden presentarse no despacho da traballadora social do Concello de Lourenzá en horario de mañá de luns a venres ata o vindeiro 5 de xuño.