PAPÁ NOEL FIXO A SÚA TRADICIONAL VISITA AO CENTRO DE DÍA PARA MAIORES E AO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE LOURENZÁ

Papá Noel fixo a súa tradicional visita ás instalacións do Centro de Día para persoas maiores e do Punto de Atención a Infancia de Lourenzá. O percorrido rematou na Casa do Concello, onde Papá Noel fixo a súa derradeira parada para falar cos nenos e nenas que o estaban esperando e entregarlles algún agasallo.

Este ano na súa visita a Lourenzá Papá Noel estivo acompañado de dous elfos e desprazouse nun trineo tirado polos tradicionais renos en todo o seu percorrido. Ao longo de toda a visita estiveron presentes a alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra.

PAPÁ NOEL FIXO A SÚA TRADICIONAL VISITA AO CENTRO DE DÍA PARA MAIORES E AO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE LOURENZÁ