Lourenzá, 23 de decembro de 2022. Na tarde de hoxe, venres, nenos e nenas de Lourenzá foron recibidos por Papá Noel nos baixos da Casa do Concello. Previamente visitou o Centro de Día e despois percorreu as rúas de Vilanova subido a unha Vespa con sidecar.
Durante esta recepción foron entregados os premios do concurso de postais convocados polo Concello. O gañador foi Esteban Edrosa López, de 5° de Primaria. Levaron accésits Icía Fraga Vidarte, Nour-Han Boufeljat e Aroa Díaz Ventoso.
Ao acto asistiron a alcaldesa, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e a edil de Benestar Social, Mercedes Dengra Sixto.