O Concello de Lourenzá organiza unha charla e instalará un photocall para conmemorar o Día Contra o Cancro de Mama o vindeiro martes, 19 de outubro.
A charla, sobre a vulnerabilidade en pacientes con cancro de mama, será ás 17:00 horas no centro de servizos sociais O Torreón dos Frades e correrá a cargo de representantes da Asociación Española contra el Cáncer.
Anunciouno a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, quen ademais explica que “a fachada da Casa do Concello tinguirase de rosa un ano máis. Haberá tamén un photocall, que se instalará diante do quiosco da música, para que todas as persoas que queiran poidan sacar unha foto e subila as redes sociais co hashtag #sacapecho”.