PRESENTADO O CARTEL DA XXIX FESTA DA FABA, QUE FOI DESEÑADO POLO DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES COMERCIAIS DO IES DE FOZ

O cartel da XXIX edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, acaba de ser presentado. Nesta ocasión a imaxe para anunciar o evento foi deseñada polo Departamento de Actividades Comerciais do IES de Foz.

Na presentación do cartel participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e o xefe do Departamento de Comercio do IES de Foz, José Otero Méndez.

José Otero comentou que o IES de Foz sempre está aberto á colaboración coas distintas institucións, xa que o que intentan é dar visibilidade á Formación Profesional que imparten e os representantes do Concello de Lourenzá agradecen ao instituto focense a súa colaboración deseñando o cartel que dará a coñecer a Festa da Faba 2019.