PRESENTADO O CARTEL PARA A XXX FESTA DA FABA DE LOURENZÁ, QUE SE CELEBRARÁ EN OUTUBRO DE 2021

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, presentaron o cartel anunciador da XXX edición da Festa da Faba, que se celebrará do 1 ao 3 de outubro de 2021.

O cartel é obra de Javier Antonio Marinas Garcia, veciño de Corvera (Asturias) que foi o gañador do concurso convocado polo Concello de Lourenzá para a edición deste ano 2020. Pero debido a que se suspendeu por mor da pandemia do Covid19, o Concello decidiu que este cartel quedase escollido xa para a edición do ano 2021.