PRESENTOUSE HOXE O CARTEL DA XXV FESTA DA FABA, OBRA DO ARTISTA ALFOCENSE HIPÓLITO XEADA. O FESTEXO, QUE SE CELEBRARÁ DO 2 AO 4 DE OUTUBRO, SERÁ PREGOADO POLOS LAURENTINOS XOSÉ LÓPEZ GONZÁLEZ E JOSE MARÍA GARCÍA FERNÁNDEZ

O cartel da XXV edición da Festa da Faba de Lourenzá, obra do artista alfocense Hipólixo Xeada, foi presentado hoxe pola alcaldesa, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e o edil de Festas, Francisco Dasilva Rivas. O festexo, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro, será pregoado polos laurentinos Xosé López González e José María García Fernández. Ademais o goberno local anunciou hoxe que o primeiro mercado semanal de venta de fabas desta tempada desenvolverase o vindeiro domingo, día 27.

Sobre o autor do cartel, Hipólito Xeada, os responsables municipais explicaron que se trata “dun pintor de recoñecido prestixio, profeta na súa terra, un alfocense que pode presumir de contar cunha exposición permanente e ser o artífice da escultura que adorna o centro de San Cibrao. É un dos pintores máis recoñecidos da comarca, un talento innato que fomentou formándose en escolas profesionais. Comezou os seus estudios en talla de madeira, modelado, debuxo e pintura no colexio de xordos de Santiago de Compostela baixo a man dos grandes mestres Acuña e Bonome. En 1975 ingresou na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón,de Lugo, onde opten a cualificación de sobresaínte. A partir daquel momento presentouse a numerosos concursos acadando grandes premios de recoñecido prestixio, e expoñendo a súa obra por toda Galicia”.

E sobre os pregoeiros a organización anunciou que “os laurentinos Xosé López González e José María García Fernández serán os encargados de pregoar esta festa, acto que se levará a cabo o sábado, día 3, na Praza do Conde Santo ás 12:30 horas. Sentímonos profundamente honrados con que estes artistas participen nun evento deste tipo, xa que teñen mérito de sobra para facelo. Xosé López González, coñecido entre os do seu pobo como Pepe Celeirao, é unha persoa vinculada coa vida cultural do seu pobo natal dende a súa infancia e xuventude; de todos é coñecida a súa labor a pro do teatro de Lourenzá. Así mesmo, xunto con outros laurentinos, é un estudoso da figura de Francisco Fernández del Riego, ao cal, xunto con Manuel Román Ramos, lle dedicou varias publicacións. O venres, día 2, como preámbulo desta edición da Festa da Faba temos o pracer de que Xosé, xunto o outro dos nosos pregoeiros, José María García, presenten o libro Xoguetes naturais de outono e inverno. Estes dous autores están involucrados nun importante proxecto de recuperación dos antigos xogos e xoguetes que se poden descubrir a través dos libros que levan publicados: Xoguetes esquecidos, Xoguetes naturais de primavera e verán e Xoguetes naturais de outono e inverno”.

Mercados dominicais de fabas

Ademais o goberno municipal de Lourenzá anunciou hoxe que o primeiro mercado semanal de venta de fabas desta tempada terá lugar o vindeiro domingo, día 27 de setembro.

 

 

PRESENTOUSE HOXE O CARTEL DA XXV FESTA DA FABA, OBRA DO ARTISTA ALFOCENSE HIPÓLITO XEADA. O FESTEXO, QUE SE CELEBRARÁ DO 2 AO 4 DE OUTUBRO, SERÁ PREGOADO POLOS LAURENTINOS XOSÉ LÓPEZ GONZÁLEZ E JOSE MARÍA GARCÍA FERNÁNDEZ
PRESENTOUSE HOXE O CARTEL DA XXV FESTA DA FABA, OBRA DO ARTISTA ALFOCENSE HIPÓLITO XEADA. O FESTEXO, QUE SE CELEBRARÁ DO 2 AO 4 DE OUTUBRO, SERÁ PREGOADO POLOS LAURENTINOS XOSÉ LÓPEZ GONZÁLEZ E JOSE MARÍA GARCÍA FERNÁNDEZ