A PROGRAMACIÓN DE NADAL INCLÚE PARA ESTA SEMANA OBRADOIROS DE ORGANERÍA E DE CONSUMO RESPONSABLE, UN CONCERTO E TEATRO INFANTIL

A programación de Nadal do Concello de Lourenzá inclúe para esta semana obradoiros de organería e de consumo responsable, un concerto e unha representación de teatro infantil.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “durante toda esta semana continúan as actividades de Nadal programadas polo Concello de Lourenzá. Ademais dos obradoiros sobre organería e consumo responsable, que se celebrarán o mércores e o xoves respectivamente, o xoves, día 28 de decembro, ás 21 horas no salón de actos do Concello terá lugar o concerto de Davide Salvado e Pedro Pascual. Está actuación está patrocinada pola Deputación Provincial de Lugo. Para rematar as actividades da semana o sábado 30 ás 18 horas o grupo In Bocca al Lupo porá en escena a obra Superlía, un espectáculo para público infantil e familiar”.

Manuel Arango salientou que a entrada para todos os actos é gratuíta.

 

A PROGRAMACIÓN DE NADAL INCLÚE PARA ESTA SEMANA OBRADOIROS DE ORGANERÍA E DE CONSUMO RESPONSABLE, UN CONCERTO E TEATRO INFANTIL