RENOVADAS TAMARA E ANDREA. MARLY VARELA REGRESA OS SEUS ORIXES

O equipo de Nacional comenza a estructurarse. No día de hoxe incorporáronse ós adestramentos Tamara Montero, Andrea Meilán e Marly Varela; que xunto coas júnior e as xogadoras que son Sub-23 e que están tamén ás ordes do equipo de Liga Feminina-2 formarán a base do equipo.

A escolta santanderina Tamara Montero comprometeuse por segundo ano consecutivo para compartir minutos en Liga Feminina-2 e Nacional. A xogadora de 19 anos terá toda a prioridade para o equipo de Juan Nécega pero tamén terá as súas oportunidades con Javi Muñoz en Liga Feminina, pois a temporada pasada foi unha dos baluartes na xestación do Ascenso.

Unha gran noticia é tamén o regreso da burelesa Marly Varela, xogadora formada nas categorías inferiores das Escolas Deportivas. Marly retorna despois de disputar a temporada pasada a metade dos encontros ata que tivo que deixar o equipo por unha beca de estúdios no extranxeiro. De novo aqui, non dubidou en aceptar a oferta do equipo para axudar ó que será unha temporada durísima pero tamén ilusionante en Nacional.

Ademais, a alero Andrea Meilán( 21 anos) renovou por segunda temporada consecutiva e imprimirá ó equipo a regularidade que demostrou a temporada pasada, sendo unha habitual do 5 inicial do equipo.

O equipo pecharase con 3 ou 4 incorporacións máis, que esperemos se concreten xa na vindeira semana para poder afrontar o debut na casa o vindeiro 5 de Outubro diante do todopoderoso Universidade de Salamanca.

Esta temporada a entrada no Pavillón de Lourenzá será gratuita para todos os socios do clube e terá un coste de 5 euros/partido para os non socios. Co carnet de socio das E.D. Lourenzá tamén se poderá acceder de forma gratuita os encontros do equipo de fútbol de 1ª autonômica.

Marly Varela

Tamara Montero