Representantes da Jefatura Provincial de Tráfico de Lugo darán unha charla sobre seguridade viaria mañá, xoves, día 19, ás sete da tarde no salón de actos municipal. No acto repartiranse chalecos reflectores entre os asistentes.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anunciou que na charla tratarase sobre a seguridade viaria en xeral, pero un dos asuntos no que se vai incidir e nos atropelos a peóns. Tamén se falará da Unidad de Víctimas de Accidentes de Tráfico (UVAT).
A rexedora engadiu que esta actividade “está dirixida a todo o público que queira asistir. Ó remate da charla repartiranse chalecos reflectores entre os asistentes”.