O pasado domingo día 16 os atletas de Maderas Barcia competiron no Cto. Provincial de Atletismo dentro da III LIGA FEDERADA organizada pola Federación Galega de Atletismo.
Dos 5 equipos que competimos, 4 deles subiron ó caixón provincial realizando unha gran xornada. Subiu o BENXAMÍN FEMININO (CAMPIÓN PROVINCIAL) O BENXAMÍN MASCULINO (BRONCE PROVINCIAL) O ALEVÍN MASCULINO (BRONCE PROVINCIAL) E O INFANTIL FEMININO(BRONCE PROVINCIAL). O EQUIPO ALEVÍN FEMININO, A PESAR DE FACER UNHA BOA ACTUACIÓN FINALIZOU EN 4ª POSICIÓN PROVINCIAL