Roberto Ramallal Comendeiro seguirá un ano maís á fronte do primeiro equipo das Escolas Deportivas despois de lograr esta temporada o ascenso a 1ª autonómica na súa primeira temporada no banquillo laurentino.
Roberto centrará a súa atención a partir deste momento xunto coa directiva das Escolas en renovar á maioría do plantel que esta temporada acadou o ascenso despois dun ano en segundo autonómica; así como buscar algún reforzo que poda apuntalar a plantilla para disputar unha liga tan esixente como a de 1ª autonómica.