A SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL ACOLLE ATA O DÍA 17 DESTE MES UNHA MOSTRA DE ILUSTRACIÓNS DE DIVERSOS ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá alberga ata o vindeiro día 17 deste mes unha mostra titulada Cartas de Amor. Trátase dunha exposición gráfica de ilustracións de quince artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. As obras poden visitarse en horario de biblioteca: de luns a venres das 17:00 ás 20:00 horas.

Este venres, día 12, ás 9:30 horas terá lugar un obradoiro explicativo da mostra dirixido aos nenos e nenas de Infantil e Primaria do colexio público CEIP Juan Rey, de Lourenzá. Neste obradoiro os alumnos realizarán diversas actividades relacionadas todas elas coa educación en igualdade.

Esta actividade está promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá.