A sección feminina das Balas de atletismo conquistou a popular de Monforte!!! Triunfo de Manu Rguez. en Asturias (Arenas de Cabrales). Estivemos na Camovi con Carmen e Xana e Aleix, Ainara e Ana no control cadete en Asturias!!!
Monforte Popular:
Pleno total do equipo desprazado a Monforte o pasado domingo.
Título en categoría alevín feminina para Iria Rguez., Título en categoría infantil para Mariña Salvatierra e subcampionato para súa irmá Uxía e título, un máis para Ainara Rguez. en cadete feminino!!!
Arenas de Cabrales:
Ademáis, Manu Rguez. desprazabase a Arenas de Cabrales (Asturias) onde se impoñía na categoría
infantil masculina dando nota do seu bo momento de forma.
Camovi:
Dúas intrépidas xuvenís formaron parte da Camovi. Xana Rguez. tivo que abandonar por lesión e Carmen López Diniz lograba un 15ª posto absoluto a pesar de ser todavía xuvenil con un tempo de 3 horas e 14 minutos.
Control Cadete Asturias:
Aleix Díaz en 300 e 100, Ainara Rguez. en 600 e Ana Vallines en 1000 realizaron un gran control mellorando as súas marcas da temporada ó aire libre en Oviedo e Xixón respectivamente.
Aleix Díaz e Ainara Rguez., convocados pola Galega de Atletismo para preparar o relevos cadete do campionato de España de Autonomías!!!
Os atletas Aleix Díaz e Ainara Rguez. do Maderas Barcia Lourenzá, foron convocados pola Federación Galega de Atletismo para unha concentración de preparación dos relevos cadete de cara ó Campionato de España de autonomías.
A convocatoria está organizada a proposta do sector de velocidade da Federación e dirixida por José Carlos Tuñas Dugnol. Terá lugar o vindeiro sábado 29 de abril, nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera de Lugo, e celebrarase en dobre sesión de mañá e tarde, dende as 11 ata as 17 h. A xornada consistirá tanto en charlas técnicas como adestramentos en pista, ademáis dunha comida de equipo.
Noraboa!!! Vamos!!!