A Sección de Atletismo no Memorial Alejandro Lorenzo + Galego cadete e xuvenil. A Baña. A Coruña

Henar Méndez, CAMPIONA DO PRESTIXIOSO MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO (A Baña. A Coruña)

Henar Méndez vencía no día onte na categoría benxamín feminino no prestixioso campionato autonómico Memorial Alejandro Lorenzo. Ademáis tivemos a representación da atleta de 1º ano Sheila López Iglesias que acadou a 23ª posición!!!

IRIA RODRÍGUEZ, SUBCAMPIONA DO PRESTIXIOSO MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO ALEVÍN. ADEMÁIS, MEDALLA DE BRONCE POR EQUIPOS!!!

Carreirón de Iria Rodríguez na categoría alevín para acabar segunda nesta cita anual autonómica de campo a través. Ademáis, o equipo formado pola propia Iria, Diana Lastra (12º posición), Carmen García(22º posición) e Cecilia Gómez (41º posición) acadaban 43 puntos subindo ó caixón como medalla de bronce; só por detrás do campión Vila de Cangas (28 ptos.) e da A. Lucense (34 ptos.)

O EQUIPO INFANTIL FEMININO, Subcampión do Memorial Alejandro Lorenzo. Ademáis, Manu Rguez. 5º en masculino e estivemos tamén no galego de cros cadete e xuvenil!!!

Con 49 ptos. o Maderas Barcia Lourenzá infantil feminio lograba o Subcampionato por quipos do Memorial Alejandro Lorenzo de Cros, só cedendo a 1ª praza a Ourense Atletismo (49 ptos.) e a C.A. A Estrada(52 ptos).

As guerrerias infantís foron: Carme Alonso (6ª), Mariña Salvatierra(12ª), Uxía Salvatierra (18ª) e Marta Alonso (34ª).

Na categoría infantil masculino un sensacional Manu Rguez. entraba en 5ª posición despois de realizar unha carreira moi intelixente.

E despois dos infantís comenzaba o Cto. Autonómico cadete e xuvenil, no que tampouco podíamos faltar, aínda que con diferente sorte.

Na proba cadete feminina partíamos coa mellor baza de Ainara Rodríguez, que remataba a proba na 26ª posición despois de non encontrarse ben durante a disputa da mesma en ningún momento. Competiron ademáis para o equipo Ainhoa López (54ª), Claudia Graña (71ª) e Alba Alonso (74ª). Non estivo a 5ª bala Ana Vallines que causou baixa por lesión. A pesar de todas as inclemencias, o equipo loitou ata o final e sirviulle de preparación para o vindeiro campionato provincial escolar.

E xa para rematar tamén tivemos representación na proba xuvenil con Pablo Irimia (38ª) e Cristian Piñeiro (44º).