AS SEGUNDAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL CONCELLO DE LOURENZÁ CELEBRARANSE OS DÍAS 2 E 3 DE MARZO

As segundas Xornadas de Historia Local Concello de Lourenzá celebraranse os días 2 e 3 de marzo, venres e sábado, no salón de actos municipal. O cartel do evento foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.

As xornadas darán comezo o venres 2 ás 19:30 horas coa inauguración a cargo do concelleiro de Cultura e a continuación terá lugar a conferencia titulada Lourenzá, orixe e evolución histórica, a cargo de Vidal Martínez-Sierra López.

O sábado 3 empezarán os actos ás 18:00 horas coa conferencia Lourenzá no Camiño Norte, a cargo de Manuel Díaz Sánchez, estudoso do Camiño de Santiago. Ás 20:00 horas terá lugar unha mesa redonda co título Lourenzá, emigración viva, na que intervirán varios veciños e veciñas do concello que viviron a emigración en diferentes países. Estará moderada por Miguel Gavín. Rematarán os actos ás 21:00 horas cunha actuación musical que ofrecerán os profesores da escola de música local e a clausura das xornadas a cargo da alcaldesa de Lourenzá.

Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá e colabora a Deputación de Lugo.

 

AS SEGUNDAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL CONCELLO DE LOURENZÁ CELEBRARANSE OS DÍAS 2 E 3 DE MARZO
AS SEGUNDAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL CONCELLO DE LOURENZÁ CELEBRARANSE OS DÍAS 2 E 3 DE MARZO