SELECCIONADAS AS OITO OBRAS QUE SE REPRESENTARÁN NO CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE LOURENZÁ

O xurado do III Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá deu a coñecer o nome das oito obras seleccionadas para ser representadas durante o mes de novembro.

As elixidas son as seguintes:

- A Lola, de Avelaíña Teatro (Pontevedra).

- Fuga, de Gargallada Teatro (O Barco de Valdeorras).

- All you need is war, de O Catre Teatro (As Pontes).

- A tía Rosita, de Coles Teatro (Ourense).

- Comedia bífida, de Touporroutou Teatro (Foz).

- A última cea, de Fauna 113 (Vigo).

- A estraña familia, de Matabelas (Teo).

- Un! dous! tres!, de Carauta Teatro (Santiago).

Todos estes grupos de teatro recibirán 300 euros por participar e optarán ao premio de 750 euros que será para o que acade o Conde Santo á mellor representación. Tamén se concederán premios ao mellor actor e actriz principal, ao mellor actor e actriz de reparto, á mellor posta en escena e o premio especial do público.

Nos próximos días darase a coñecer o calendario das representacións das obras así como a data na que se celebrará a gala de entrega de premios.