Presentouse no día de onte no campo de Sta. Cruz os atletas que formaron parte estas pasada temporada da sección de atletismo das Escolas.
No acto estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López e o presidente das Escolas, D. Pablo Maseda.
A novedade para esta temporada é a incorporación ó corpo técnico de Siro Maseda, un laurentino amante do atletismo e que é moi coñecido na comarca posto que participa dende fai moitos anos en probas populares e en trails de gran fondo. Siro virá a reforzar a parcela técnica na que continúan Martín Pardiñas, Ismael Vallines e Rubén García.
Todos os atletas que queiran incorporarse a esta sección terán de prazo dende hoxe 18 de agosto ata o venres 23 de setembro; data na que se dará por pechada a sección.
Ademáis dende as escolas agradecen a colaboración que presta o Clube Atletismo Lourenzá nos adestramentos así como nas competicións á que se presentan as balas; posto que sabedes que case todos os fins de semana os nen@s das Escolas están presentes en múltiples frentes e sen esta axuda todo esta sería imposible.
Maderas Barcia continuará un ano máis patrocinando unha das seccións máis laureadas das escolas, polo que este ano se renovará a equipación que será presentada en breve; vestiario que volverá a incidir nas cores do clube; branco, vermello e negro.
Este vindeiro fin de semana o sábado as balas do Maderas Barcia estarán na Nocturna Popular de San Ramón en Vilalba e o domingo na Figueras Solidaria en Castropol.