Sta. Cruz acolleu onte xoves día 23 a posta en escea do proxecto das Escolas Deportivas para a 1ª Autonómica despois do paso fugaz pola 2. Estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Rocío López, o Concelleiro de Deportes Francisco Dasilva e o Presidente das Escolas Pablo Maseda; así como o resto de directivos do clube e público en xeral.
Logo da foto da plantilla e do corpo técnico tivo lugar a fotografía coa nova directiva que formará parte deste novo proxecto; que supón esta temporada o 20 aniversario do clube Escolas Deportivas Lourenzá.