As subcampionas provinciais de patinaxe rozaron a perfección na exhibición o pasado domingo

O pasado domingo as rapazas dirixidas por Tania Irimia rozaron a perfección no día da exhibición diante do seu público.

A actuación estivo composta por 13 números onde os patinadoras actuaron de forma individual, por parellas ou en grupo, e tamén puxeron en escea o número que lles deu o subcampionato provincial co tema "Fala agora ou cala para sempre" o pasado mes de maio en Xove. Un grupo de patinadoras de Mondoñedo acompañou tamén na posta en escea con dúas actuacións.

Ó final da actuación rindiuselles un pequeno acto de homenaxe ás patinadoras onde estivo presente presidindo o acto a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Fco. Dasilva e o Presidente das Escolas D. Pablo Maseda.