TALLERES CARDI E EXCAVACIONES RAMSEI RENOVAN O SEU CONTRATO DE PATROCINIO COAS E.D. LOURENZÁ

Talleres Cardi e Excavaciones Ramsei renovan o seu contrato de patrocinio coas E.D. Lourenzá por unha temporada máis para levar o nome dos equipos de fútbol infantil e Cadete. Será o segundo ano de colaboración destas entidades ás que lles estamos dende a directiva enormemente agradecidos; e súmanse así á lista de Sponsors Oficiais do clube xunto con Morangrupo(Nacional Basket), Augacons(Fútbol 1ª autonómica) Maderas Barcia (Atletismo e Fútbol Sala) e Muebles Huertas (Basket Autonómica).