A TERCEIRA EDICIÓN DO EVENTO TODOS A TOVAR, QUE SERÁ A PRIMEIRA XUNTANZA CAMPESIÑA, CELEBRARASE O 3 DE XUÑO. FOI PRESENTADO POLA ALCALDESA, CONCELLEIROS E REPRESENTANTES DE ASOCIACIÓNS DO MUNICIPIO

Lourenzá, 21 de maio de 2017. A terceira edición do evento Todos a Tovar, que será primeira xuntanza campesiña, celebrarase o día 3 de xuño, sábado, a partir das cinco da tarde. Foi presentado pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; concelleiros e representantes de asociacións do municipio.

A rexedora municipal agradece a colaboración de todas as asociacións e pide aos veciños que asistan caracterizados como os campesiños e campesiñas de tempos pasados.

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) vai organizar a segunda paella xigante para a cal se venderán os tickets anticipadamente na biblioteca publica municipal e en Lucía Valea Fotografía ata o 30 de maio. O prezo será de 12 euros para os adultos e de 10 euros para os nenos.

Ademais haberá xogos e obradoiros, concursos, actividades deportivas, teatro, baile, música, queimada e foliada.

Todos a Tovar está organizado polo Concello de Lourenzá e conta coa colaboración da Deputación de Lugo e de asociacións do municipio.