Os atletas do Maderas Barcia Lourenzá disfrutaban no día de onte da XVII Carreira Pedestre de Ames que era ademáis o Galego de 10 kms. absoluto.
Na categoría Benxamín Feminina impoñía unha vez máis a súa autoridade unha incombustible Iria Rguez. con un tempazo de 4:15 para alzarse co título. Segunda entraba Carlota Fontela (Marineda Atlético de Coruña) e Bronce para tamén unha excepcional Henar Méndez con un tempo de 4:28 a pesar de ser unha atleta de 1º ano.
Ademáis competían sen a fortuna á que nos tenen acostumados Ian Méndez e Ainara Rguez. Ian Méndez retirabase na saída tras unha forte caída e Ainara Rguez. lesionabase despois de ir comandando a carreira durante todo o percorrido.