Trail de Comado. Unha bonita carreira con vistas espectaculares e co ultimo 1/2km vertical para acabar no alto de Comado no que habia que apretar os dentes para poder superalo. Darlle a nosa noraboa a organización, pola marcaxe, avituallamientos, ambiente e percorrido. Trail galego en estado puro.
No que a resultados se refire Xan e Martín mantiveron unha preciosa batalla con Paco Gueimunde polo podium da carreira ata o ultimo km. Donde Xan se impuxo dando unha exibición de fortaleza. Martín acadou o 3º posto da Xeral e 1º da categoria. Tamen destacar a notable actuación de Xavier Valoria e Miguel Poyatos nos 21km.