A TRABALLADORA SOCIAL DO CONCELLO XESTIONA AS SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL SUBVENCIONADO POLO IMSERSO

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, fixo público un bando no que anuncia que a traballadora social do Concello xestiona as solicitudes para participar no programa de termalismo social subvencionado polo IMSERSO no vindeiro ano 2017.

A rexedora municipal explica que “todas aquelas persoas interesadas en acudir a tratamentos a través do programa de termalismo social subvencionado polo IMSERSO poden solicitalo a través da traballadora social do Concello. Os requisitos son: ser pensionista de invalidez ou xubilación da Seguridade Social; ter máis de 55 anos, cando a pensión sexa de viuvez, ter 60 para outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego; non padecer trastornos mentais graves nin enfermidades infecto contaxiosas; e valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria. A documentación necesaria é: solicitude segundo modelo, fotocopias dos DNI do solicitante e cónxuxe e os seus datos económicos”.

Rocío López engade que “o lugar de presentación das solicitudes é o centro de servizos sociais O Torreón e hai que preguntar pola traballadora social, de luns a venres en horario 9:00 a 14:30 horas. Os prazos para a presentación de solicitudes son: para participar no programa nos meses de febreiro a agosto, ata o 13 de xaneiro de 2017; para os meses de setembro a decembro, ata o 12 de maio; e para inclusión, na orde que corresponda, en lista de espera de prazas, ata o 31 de outubro”.