Nova actuación sorprendente nunha proba a de Friol onde sempre somos moi ben tratados e onde disfrutamos o pasado domingo dun excelente día de competición.
Alevín:
Triunfo de Hugo López no apartado masculino e bronce para Henar Méndez.
Infantil:
Triunfo de Manu Rguez. e 5ª posición para Ian Méndez.
Absoluta:
Meritoria terceira posición das guerreiras cadetes que competiron na proba absoluta de 5 kilómetros.
Ana Vallines entraba 4ª cadete e 138 da xeral en 22,43; Mariña 147 en 22,57; Carme 152 en 23,03; Uxía 153 en 23,03 e Marta 206 en 25,57. Primeiro posto entraba por puntuación o cadro local Friol, segundo Verxel de Lugo e terceira posición para as nosas rapazas.
Ademáis, competiron nesta proba absoluta Pablo Irimia e Anxo Edrosa!!!