Unha trintena de senderistas disfrutaron esta fin de semana da espectacular ruta organizada pola Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá polo Courel (Alto do Couto, Devesa da Rogueira, Formigueiros, Alto do Couto). Aos encantos da Serra do Courel sumouselle un impresionante día para camiñar. A ruta foi duns 12 kms aproximadamente. Ao rematar a ruta os sendeiristas repuxeron forzas cunha comida nun restaurante da zona.
A Asociación de Sendirismo Terras de Lourenzá, xa está a pensar na vindeira ruta, que será o próximo día 9 de novembro a Outeiro de Rei.