UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ NO MERCADO COMARCAL GANDEIRO DO 20 AO 23 DESTE MES

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase a Lourenzá do 20 a 23 deste mes. Deuno a coñecer a través dun bando a alcaldesa, Rocío López García.

A rexedora explica que a unidade móbil situarase no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá desde o vindeiro martes, día 20, ata o venres 23. Os días 20, 21 e 22 estará en horario de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas e o día 23 atenderá só pola mañá.

Para solicitar cita previa os interesados poden chamar ao teléfono 902.30.90.00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

Ademais no bando da alcaldesa indica que “a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias”.