UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ EN LOURENZÁ DO 21 AO 26 DE SETEMBRO.

Lourenzá, 13 de setembro de 2017. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, ven de editar un bando no que anuncia que unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará na localidade entre os días 21 e 26 deste mes de setembro, situada no Mercado Comarcal Gandeiro.

Rocío López, indica neste bando que “a unidade móbil 4 de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Lourenzá nas datas do 21 / 9 / 2017 ao 26 / 9 / 2017 e situarase no Mercado Comarcal Gandeiro de Lourenzá”.

A alcaldesa engade que “o horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás o 22 / 9 / 2017, que será en horario de mañá”.

A rexedora laurentina sinala ademais nese bando que “para solicitar cita previa por teléfono é no 902 30 90 00, e a través da páxina web en www.sycitv.com – cita previa”.

Finalmente indícase que “a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias”.

Pode descargar o bando neste ligazón