Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá do 25 ao 28 deste mes. Anúnciao a alcaldesa, Rocío López García, a través dun bando.
O horario de atención será de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas agás o día 28 que será só pola mañá. A cita previa pode solicitarse por teléfono no 902.30.90.00 ou través da páxina web www.sycitv.com.
A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección reglamentarias.