UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ NO MERCADO COMARCAL GANDEIRO DO 22 AO 25 DESTE MES

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá do 22 ao 25 deste mes de setembro. Anúnciao a alcaldesa, Rocío López García, a través dun bando.

O horario habitual de atención será de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18 horas. Para solicitar cita previa pode facerse a través do teléfono 902.30.90.00 ou na páxina web www.sycitv.com.

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspeccións regulamentarias.

Descargar bando en PDF