Na xornada do pasado sábado, 18 de abril, unha vintena de membros da Asociación de Sendeirismo "Terras de Lourenzá", desprazáronse ata a provincia de Pontevedra, concretamente á Comarca do Deza, onde se moveron polos Concellos de Silleda e Vila de Cruces. Xa alí, realizaron unha ruta circular de algo máis de 13 kms.. A camiñata comezou no entorno do Mosteiro de Carboeiro e tivo como punto destacado unha parada na Fervenza do Toxa, un dos saltos de auga máis impresionantes da nosa Comunidade. Despois dun breve descanso, tras baixar do mirador da fervenza, reiniciaron a marcha para rematar a andaina no punto de inicio.
Repuxeron forzas nun restaurante local, e antes do regreso, acercáronse de novo ó Mosteiro para facer unha visita polo interior e as dependencias anexas, que conforman un conxunto arquitectónico destacable.