UNS CEN RAPACES PARTICIPARON NO CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIARIA QUE SE DESENVOLVEU NO MERCADO COMARCAL GANDEIRO

O circuíto de educación viaria que se desenvolveu no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá contou cuns cen participantes. Esta actividade, organizada pola Concellería de Xuventude, foi para nenos, nenas, rapaces e rapazas de 3 a 16 anos de idade.

Os asistentes recibiron indicacións e pautas en materia de seguridade viaria e de tráfico mentres se divertiron actuando de peóns e de condutores. O concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, explicou que “foi unha actividade moi produtiva, na que os nenos e nenas aprenderon moito sobre as normas de tráfico”.