Varios Atletismo Escolas Lourenzá dun novo intenso fin de semana

As Balas do Maderas Barcia Lourenzá cargaron de "trofeazos" en Medal(Coaña) 2017!!! Triunfos para Henar, Noa, Ian e Mariña con 9 pódiums en total!!!

Clasificación por pódiums dos nosos representantes:

Benxamín Feminino:

1- Henar Méndez. 3- Emma García.

Benxamín Masculino:

2- Xabi Sordo.

Alevín Feminino:

1- Noa Valiña. 3 - Carmen García.

Alevín Masculino:

1- Ian Méndez

Infantil Feminino:

1- Mariña Salvatierra. 2 - Uxía Salvatierra.

Infantil Masculino:

3- Samuel Debasa.

Ademáis tivemos unha gran actuación nas diferentes categorías de:

Carlota Menéndez, David e Fernando Díaz, Marcos Graña, Andrea García e Aarón Millares

Xana Rodríguez imponse na Chandrexa Trail da Copa Cadete de Montaña e Cristian Piñeiro, subcampión!!!. Ademáis, Pablo Irimia entrou de 5º Clasificado

Chandrexa de Queixa Trail 2017. Proba puntuable para a Copa Galega Cadete de Montaña!!

Nova exhibición dos nosos pupilos do Maderas Barcia Lourenzá.

Con 7 km con 450 positivos 450 negativos de desnivel, Xana Rguez. lograba entrar de 2ª da clasificación xeral e Campiona Cadete, polo que sigue liderando a Copa Galega Cadete de montaña.

Cristian entrou 3º da xeral pero 2º cadete, polo que se mantén como 2º clasificado na clasificación xeral de Copa Galega. Pola súa parte Pablo Irimia entraba 5º clasificado e mantense na xeral como 4º clasificado.

Noraboa, Máquinas!!!

Aleix Díaz e Ainara Rguez. estiveron nun novo control en Xixón!!!

Derradeira cita da temporada oficial en pista para Aleix a penúltima para Ainara o pasado fin de semana nas pistas das Mestas en Xixón.

Aleix participou nas duas distancias que máis practicou este ano, nun control en que competían conxuntamente as categorías Cadete a Senior.

En primeiro lugar foi o turno dos 100 m lisos, onde Aleix acadou a 3ª posición da sua serie, cun tempo de 12.74 seg, marca moi similar ó seu mellor rexistro.

Hora e media máis tarde era o turno dos 300 m lisos, onde Aleix acadaba a 5ª posición da serie cun tempo de 39.71 seg, rebaixando en 19 centésimas a sua mellor marca e quedando a pouco máis de 1 seg. de acada-la mínima para os campionatos nacionais.

Ainara Rodríguez competía nos 1000 lisos, aínda que por problemas físicos (unha lixeira sobrecarga) tivo que abandonar ós 800 metros cando marchaba nos postos de cabeza da proba.

Ainara viaxa esta semana ó Campionato de España representando ó Maderas Barcia Lourenzá a Murcia onde competirá o sábado 1 de xullo nos 1000 lisos, aínda que tamén tiña marca en 600. A proba semifinal de 1000 lisos comenzará ás 21:00 horas

Moita sorte Ainara e Noraboa a ambos pola temporada realizada!!!