Lourenzá, 8 de setembro de 2014. Veciños de Lourenzá e Trabada poderán participar nunha viaxe a Vigo para asistir como público ao novo programa da Televisión de Galicia Boas tardes, que presenta Luis Fraga. O autobús sairá o día 29 deste mes de setembro, luns, ás 12:15 horas dende a Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá.
O programa é un magacín de actualidade cunha duración de 2 horas e 20 minutos. Ao rematar o espazo a organización ofrecerá unha merenda.
Os interesados en asistir deben apuntarse nas oficinas municipais de Lourenzá presencialmente, chamando ao teléfono 982.12.10.06 ou por correo electrónico á dirección empregolourenza@gmail.com antes do día 22 deste mes.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anuncio Lourenzá programa Boas tardes TVG | 183.64 KB |