VECIÑOS DE LOURENZÁ, MONDOÑEDO, VIVEIRO, BARREIROS E RIBADEO PARTICIPAN NUN CURSO DE MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS

Máis de vinte traballadores agrarios e desempregados dos concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Viveiro, Barreiros e Ribadeo participan no curso de aplicador manipulador de produtos fitosanitarios que empezou onte no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá. Foi inaugurado pola alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, e por un responsable de formación da asociación agraria Asaja, Manuel López.

O curso rematará o día 17 deste mes, venres, ás 10 da mañá co exame, que se realizará no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Vilaframil (Ribadeo).

 

VECIÑOS DE LOURENZÁ, MONDOÑEDO, VIVEIRO, BARREIROS E RIBADEO PARTICIPAN NUN CURSO DE MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS