XORNADA DE CONVIVENCIA DAS ASOCIACIÓNS DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ E PASADA DAS CABRAS DE BURELA

Onte domingo día 03 de Agosto de 2014, as Asociacións de Sendeirismo Terras de Lourenzá e Pasada das Cabras de Burela viviron unha xornada de convivencia espectacular. A ruta en sí consistiu nunha camiñata duns 15 km e de dificultade media polos montes de A Cazolga, subindo ata o Alto de Verín para disfrutar das fantásticas vistas que nos ofrece este punto. De Verín cruzamos aos montes de Cornería para contemplar outra maravillosa vista de toda A Mariña, para, dende ahí baixar de novo á Area Recreativa de A Cazolga onde nos esperaba unha gran churrascada, con bolos preñados, pasteles, café, chupitos, queimada, cervexa, etc. Xa pola tarde organizáronse unha serie de xogos populares cunha gran participación da xente; e todo amenizado con música popular galega. Sen dúbida, unha xornada para lembrar que esperemos poder repetir o vindeiro ano, e a pesar das ameazas climatolóxicas da primeira hora da mañá, o tempo apiadouse de nós e quixo estar da nosa parte.

Gracias a todos pola vosa participación e sobre todo polo voso fenomenal comportamento.