Novas

Novas do Concello

Nova proeza dos Atletas das Escolas Lourenzá no Galego de Menores e no Galego Cadete

SÁBADO, GALEGO DE MENORES:

Aleix Díaz - Infantil:

CAMPIÓN GALEGO EN 500 M.LISOS: 1,18,36

4º CLASIFICADO FINAL DE 50 LISOS: 7,10

 

Fernando Vallines Fdez.- Alevín:

MEDALLA DE BRONCE EN PESO: 8,84.

 

Iria Rguez. Ares - Benxamín:

CAMPIONA GALEGA EN 1000: 3,53,88

3ª Semifinal de 50 lisos: 8,77

 

Ana Vallines Fdez. - Infantil.

MEDALLA DE BRONCE EN 2000 lisos: 7,21,60

7ª en altura: 1,25

 

Ainara Rguez. Ares. -Infantil

CAMPIONA GALEGA, RÉCORD GALEGO EN 500 LISOS: 1,22,71

UNHA UNIDADE MÓBIL DO PLAN DE IMPULSO DA REHABILITACIÓN SOSTIBLE DE VIVENDAS REACCIONA 2020 ESTARÁ NA PRAZA DO CONDE SANTO O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 9

Unha unidade móbil do plan de impulso da rehabilitación sostible de vivendas na provincia de Lugo, denominado Reacciona 2020, estará na Praza do Conde Santo o vindeiro mércores, día 9, dende as 11 da mañá ata as 6 da tarde para informar sobre as vantaxes deste programa. Ademais ese mesmo día ás oito da tarde haberá unha charla sobre este asunto no salón de actos da Casa do Concello aberta ao público en xeral. Anunciouno hoxe a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López.

SEIS PARELLAS PARTICIPAN NO PRIMEIRO CAMPIONATO DE PARCHÍS PARA ADULTOS ORGANIZADO POLO CONCELLO QUE EMPEZOU ONTE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Comezou onte na biblioteca municipal de Lourenzá o primeiro campionato de parchís para adultos organizado polo Concello e no que participan seis parellas. Entre os 12 xogadores inscritos hai once mulleres e un home.

O campionato vaise desenvolver os xoves a partir das seis da tarde na biblioteca municipal e enfrontaranse todas as parellas entre si. Haberá premios, que consistirán en trofeos, para os que consigan os primeiros postos na clasificación final do torneo.

Atletas admitidos en Cto. Galego de Menores e Galego Cadete vindeiro fin de semana

O vindeiro sábado día 5 de marzo terá lugar en Riazor o cto. galego de menores de pista cuberta nas categorías benxamín, alevín e infantil e o domingo 6 o galego cadete tamén en Riazor.

Atletas admitidos:

Na categoría infantil representarannos:

Nicolás Álvarez en 1000; Aleix Díaz en 500 e 50 lisos; Ainara Rguez. en 500 e 50 lisos; Ana Vallines en 2000 e altura, Carme Alonso en 2000 e en peso María Vallines e Mencía Martínez-Sierra.

Distribuir contido