Novas

MONDOÑEDO ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO 27 DE XUÑO A CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS

Mondoñedo acollerá o vindeiro sábado 27 de xuño a clausura das Escolas Deportivas no Pavillón Viñas da Veiga a partir das 22,00 horas con unha garn cea baile á que acudirán preto de 500 persoas que poñerán o fin de festa ó ano deportivo 2014 2015.

Éste supón o cuarto ano de funcionamento en convenio en determinadas categorías deportivas; e os alumn@s das Escolas acudirán invitados á mesma e de forma gratuíta, así como o Mondoñedo Cf, Ed. Lourenzá Atletismo e Ed. Lourenzá Ciclismo.

 

21 PEQUENAS BALAS REPRESENTARANNOS NO CTO. GALEGO DE MENORES. ATLETISMO. SÁBADO 13. FERROL

Nin máis nin menos que 21 Atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo obtiveron clasificación para o Cto. Galego de Menores a disputar mañá sábado día 13 de Xuño en Ferrol.

Alevín Masculino: Nicolás Álvarez en altura, Hugo Villalba en 2000 e Fernando Vallines en Peso.

Infantil Masculino: Aleix Díaz en 500 e 80 lisos, Adnan Itrih en disco e xabalina, Bruno Santos en Peso e Martelo e Víctor López en 1000.