I EDICIÓN DA INCREÍBLE TOXIZA CLASSIC EXTREME!!!
Este pasado domingo 3 de maio o CLUBE ATLETISMO LOURENZÁ xunto coa comisión de festas de AS SAN LUCAS organizaron a TOXIZA CLASSIC XTREME; unha espectacular carreira de montaña que conseguiu reunir a 63 atletas, procedentes de localidades moi diversas, na praza da catedral de Mondoñedo dispostos a percorrer os montes máis emblemáticos da zona ( A Toxiza, A Pena da roca e a reserva natural de A Fragavella).