O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL TRATARÁ MAÑÁ A AMPLIACIÓN DA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL E A CREACIÓN DUN VIVEIRO MUNICIPAL DE COOPERATIVAS AGRARIAS
O pleno extraordinario da corporación municipal de Lourenzá que está convocado para mañá, xoves, ás 10 da mañá tratará a ampliación da área de rehabilitación integral (ARI) a todo o casco urbano. Na sesión tamén se abordará a creación dun viveiro municipal de cooperativas agrarias.